no Conservatorio Superior de Música de Vigo

Inauguración / Concerto

A CARRETA PANTASMA

MUSICALIZACIÓN EN DIRECTO POR CASPERVEK ENSEMBLE

Arrancamos esta pandémica edición cunha actividade que tennos ben collidos: a musicalización de grandes filmes da mán de Caspervek Ensemble. Desta volta será a película sueca de 1921 "A carreta pantasma" do director e actor Victor Sjöström.

Este filme goza de grande relevancia na historia do cinema xa que foi pioneira no uso de técnicas fílmicas nunca vistas ou non de tanta calidade coma as dobles exposicións e elaboradísimas composicións que amosan o minucioso traballo de Julius Jaenzon á fotografía. Planos espectrais e fantasmagóricos cunha profundidade dimensional sen precedentes. Complementa esta excelente factura un guión moi traballado con narracións en flash-baks, afondando nos seus decadentes personaxes como é a progresiva destrución da dignidade humana por parte dunha sociedade cruel e egoísta que leva aos máis desafortunados ao camiño da violencia e a tolemia. Esta fabulosa combinación de talentos dan lugar a unha historia chea de escuridade, degradación e poesía

A elección desta cinta vén inspirada por "The Shining", filme ao que o GFFF brínda homenaxe e do cal Stanley Kubrik, e moitos máis, nutríronse flagrantemente para as súas creacións. Isto, e a fortuna de que Brais González e o seu conxunto tiñan xa esta película traballada e estreada en Poznan(Polonia) ,mais a versión que será estreada en España nesta ocasión será ben diferente, unha nova versión para quinteto da partitura orixinal de 2015. Esta composición de Brais integra ademáis dous temas folclóricos suecos dentro do xa propio universo e estilo Caspervek.

MÚSICOS

Piano y dirección: Brais González

Percusión: Blas Castañer

Violín: Erea Carbajales

Clarinete: Tonio Comesaña

Trompa: Ainara González

A CARRETA PANTASMA SUECIA/ 106 MIN

Dirección: Victor Sjöström.

Producción: Charles Magnusson.

Guión: Victor Sjöström a partir da novela homónima de Selma Lagerlöf.

Fotografía: Julius Jaenzon.

Protagonistas: Victor Sjöström, Hilda Borgström, Tore Svennberg.

Noitevella. Tres bébedos evocan unha lenda. A lenda di que se unha persoa é unha gran pecadora e é a última en morrer ese ano, terá que conducir durante os seguintes doce meses a carreta pantasma, recollendo as almas dos mortos. David Holm, un dos tres tunentes morre no último golpe da medianoite