na Sala Overlook

Da man da sempre voluntariosa Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización(CREA) presentamos esta ano a AULA CREA, un espazo para a divulgación e a formación dentro do noso festival.

Temos a fortuna de contar nesta edición do GFFF cun dos maiores expertos internacionais no estudo e análise das bandas sonoras cinematográficas: Conrado Xalabarder.

Unha ocasión excepcional para coñecer a un auténtico mestre neste eido do cinema.

Conrado é un profundo coñecedor non so das bandas sonoras se non tamén do seu uso no cinema e proxectos audiovisuais. É de destacar tamén as súas entrevistas aos máis relevantes compositores da historia do cine e as súa charlas e clases en España e América.

Para esta conferencia resultaba moi acaída unha temática afín aos nosos xéneros favoritos, así que con todo vostedes: "As estratexias musicais do terror" Non a perdan!