O próximo mércores, 2 de xuño, ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións terá lugar o parladoiro "A Galicia navegante no imaxinario literario".

Este parladoiro pretende afondar na relación entre o mar e a cultura galega. Nela participan os escritores Víctor Freixanes, Pemón Bouzas e Ramón Nicolás. É unha das actividades complementarias da mostra "inventio mundi", que permite achegarnos a figuras relacionadas coas descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos. Nomes como o tudense Sebastián de Ocampo, o primeiro que demostrou o carácter insular da illa de Cuba en 1508, ou o do grumete Juanes Hernández tripulante da nao Concepción na expedición de Magalhaes.