"Ler e tecer o mundo" é unha exposición da obra de Gabriela Ladrero Martin .

Gabriela fálanos da súa proposta creativa: "Dende a dignificación do traballo feito coas mans, o meu camiño levoume a conectar coas fibras naturais e consideralas unha ferramenta moi útil para expresar as miñas inquedanzas. Calquera material pode serrvir para dar voz a ideas e sentimentos, como vehículo de expresión e visibilización das inxustizas. Nútrome das lecturas que fago do que acontece no mundo e intento expresar aquelas que máis me conmoven, tratando de comunicalas a través da miña obra."