Lugar: Aula Cemit e retransmisión en directo

O Concello de Tui organiza o Foro do Camiño Portugués que realiza con carácter mensual unha conferencia vinculada a esta ruta xacobea.

Pode seguirse presencialmente na Aula CeMIT, edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, (rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) e ou en directo a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal. Para asistir presencialmente o aforo é limitado polo que é preciso inscrición previa no correo biblioteca@tui.gal.