Pontecesures, na Praza de Abastos, poderase ver Al final del camino, unha comedia de Roberto Santiago. O filme narra a historia dun fotógrafo e unha xornalista que, a pesares de que se odian, deben pasar por parella para facer unha reportaxe sobre Olmo, gurú que resolve crises de parella facendo o Camiño de Santiago. Ao longo de seis días por Galicia, vivirán todo tipo de aventuras e situacións do máis absurdas.

Finalizada a proxección, tocaralle a quenda a Cándido Duro Domínguez, poeta de Pontecesures que publicou obras coma Breixo. Monólogo dun traballador baixo a choiva, O xardín das matanzas, Só palabras como garabullos ou a súa última obra, publicada este ano: Luz do abrente outonizo.