Xoves 26, temos sesión de Filmoteca con Arima, o debut na longametraxe da cineasta Jaione Camborda. A cita é ás 20h, no Auditorio Municipal do Concello. Entrada de balde até completar aforo.

SINOPSE

Unha historia protagonizada por catro mulleres e unha nena. A chegada de

dous forasteiros a aldea desaxusta o seu ecosistema, o medo e o desexo

emerxen e descobren un enguedello de ecos do pasado. Misterios e xogos

de espellos, neste filme de pantasmas.