Abrimos a tarde de sábado ás 18h no Tinta Negra con Carlota Mosquera e a súa peza "Ninguén tira fotos nos enterros", un conto interactivo que fotografía os recordos dunha nena de once anos no enterro da súa avoa.
Unha proposta, tenra e divertida, que invita a falar do que se cala e reparar naquilo que se agocha, estreada no FIOT de Carballo.