Praza de San Sebastián

Organiza: Cineclube Rebobina. Colabora: Concello do Porriño.

O filme "María Solinha" reconstrúe a historia da viúva canguesa María Solinha, quen foi acusada de bruxería e logo queimada pola Inquisición no 1621. Entre o elenco destacan referentes do cinema galego como Santi Prego, Antonio Durán ou Mabel Rivera, ademais das actrices protagonistas Grial Montes e Laura Míguez, que foron alumnas do Centro de Artes Escénicas de Vigo.

Ao rematar a proxección haberá un coloquio a cargo do Cineclube Rebobina coas asistencia do director Ignacio Vilar e da actriz Grial Montes.

Título orixinal: María Solinha

Ano: 2020

Duración: 123 min.

País: Galicia (España)

Director: Ignacio Vilar

Guion: Esther F. Carrodeguas, Ermel Morales, Ignacio Vilar

Fotografía: Lucía C. Pan

Produtoras: Vía Láctea Filmes, TVG

Xénero: Drama

Sinopse:

A historia arrinca cando un afamado director de teatro chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha. A historia dunha viúva rica acusada de bruxería pola Inquisición a principios do século XVII. Os seus intérpretes serán os propios veciños da comarca, que se embarcan nesta aventura con paixón. De feito, hai decenas de extras, entre a trintena de actores e actrices. Ademais, o propio alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, estará presente na película como rexedor na época da Inquisición.

Pero o teatro e a realidade comezarán a mesturarse de tal maneira que as protagonistas chegarán a experimentar nas súas carnes os ecos da agresión que sufriu a María Solinha orixinal.