O Concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios ofertan formación gratuíta on line para persoas maiores de 55 anos. Fanno ao través do programa de formación no uso das novas tecnoloxías Expertclick. Busca ofrecer a este colectivo capacitación en habilidades dixitais para que navegue con seguridade e confianza en internet. Ao tempo esta formación permitirá realizar operacións cotiás, especialmente as relacionadas coa sanidade, a administración ou a banca on line.

Así en concreto abordará o uso de App para estar conectados a través de videochamadas e whatsapp, app de xestión de saúde e banca on line, e outras de entretemento e lecer coma redes sociais.

A formación realizarase ao longo de tres días, o 2, 3 e 5 de novembro, ás 10 h durante hora e media cada xornada.

Para participar é preciso ter ordenador e conexión a internet, pero para aquelas persoas que non conten este material o concello habilitará, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, un aula con 7 ordenadores que se cubrirán por orde de solicitude.

Para impartir o curso é preciso ter un grupo mínimo de 12 persoas e máximo de 15. No caso de non cubrir as prazas poderán ser modificadas as datas nas que se vai impartir.

As persoas maiores de 55 anos interesas en participar nesta formación de Expertclick deben enviar un correo electrónico a cfo@tui.gal, indicando o seu nome e apelidos, teléfono de contacto na mensaxe "Inscrición curso expertclick". Este enderezo de correo será empregado para as comunicacións relacionadas co curso.