Merdeiros - Vigo

En directo ás 20:45 h. en i.gal/og

Desde a comunidade Orgullo Galego organizaremos do día 16 ao 20 de febreiro unhas xornadas online

sobre os Entroidos da Galiza.

Aproveitando a situación de pandemia que provocou que este ano non poidamos celebralo nas rúas, desde

Orgullo Galego buscamos aportar o noso pequeno gran de area e visibilizar 7 entroidos do noso país.

Tamén queremos dinamizar o tecido cultural, o cal leva 1 ano moi danado, froito desta situación. A idea é

repetir estas xornadas nos anos seguintes e con outros distintos

Ademáis queremos achegar as nosas tradicións nunha plataforma principalmente xuvenil e aínda con

pouco contido en galego. Por suposto as xornadas son abertas para todo o público.

A emisión destas xornadas serán na nosa canle de Twitch (www.twitch.tv/orgullogalego) onde non fai

falta estar rexistrado para velas en directo. Posteriormente subirémolas á nosa canle de Youtube

(www.youtube.com/c/orgullogalego) onde quedarán permanentemente