Imos de volta para o xardín cun proxecto ben especial, o Umbráfono de Enrique del Castillo.

De que vai o asunto?

Umbráfono é un proxecto de Enrique del Castillo. Un concerto con lectores ópticos capaces de transformar en son os estímulos luminosos que se proxectan sobre unha célula fotosensible.

Estes estímulos luminosos son xerados por un feixe de luz ao pasar a través de películas de celuloide.

As películas están deseñadas a partir dun esquema de relación entre frecuencia de onda das notas e repetición de formas xeométricas, de xeito que se poidan conseguir sons harmónicos, ruídos, texturas sonoras e atmosferas.