[PISTACATRO PRODUTORA DE SOÑOS]

Autoría: Pablo Reboleiro e Pistacatro Produtora de Soños

Dirección: Pablo Reboleiro e Diego Anido

Adaptación: Pablo Reboleiro

Escenografía: Belém Brandido e José Perozo

Deseño de son e música: Nacho Muñoz

Deseño de iluminación: Octavio Mas

Vestiario: Uxia Vaello

Coreografía: Pablo Reboleiro e Marta Alonso

Elenco artístico: Pablo Reboleiro, Aitor Garuz, Guillermo Porta Gómez, Santiago Montero e Nacho Muñoz

Onde residen os obxectos?

Os obxectos, cando están quietos, deitados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, rechamantes ou discretos... pero, non están

vivos.

O lugar no que os obxectos destellan e se inflaman coa vida, onde realmente arden de vida, é no ar. É por isto que volvémonos tolos cos globos, coas pompas de

xabrón, os drons, as cometas e as estrelas.

Drop é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas.

Persoas que desenvolven unha cualidade especial para manter obxectos flotando no ar. Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida.

Pero fóra diso e, ao igual que o resto das persoas, os nenos medran e conviven co seu contorno, cos seus retos, os seus problemas, os seus atributos e carencia,

e tratan de manter todo no aire para sobrevivir nun lugar no que todo remata caendo.

Por iso Drop xoga, constantemente e máis ca nunca, coa metáfora que compara os malabares coa vida.

E lémbranos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas.

Catro malabaristas e un pianista convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son

outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nós. E durante unha hora, se non se cae o mundo, farannos saír do chan e volver a caer

para lembrarnos que, isto da vida, non é máis ca un xogo.