Borobil Teatroa (Guipuzcoa) porá en escena a obra "Hansel y Gretel", dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

Versión libre da historia de Hansel e Gretel.

Hai tempo alguén roubou todos os libros de cociña do mundo. Agora a xente só come hamburguesas nas Amonioburguers.

Juan Mari é un famoso cociñeiro. Desde que desapareceu o seu libro de recetas perdeu os clientes, está a punto da ruina e o banco ameázao con pecharlle o restaurante. Os fillos Hansel e Gretel deciden ir falar co banco, pero para iso terán que pasar polo bosque e a lenda di que no bosque hai unha árbore que da mazás de caramelo. O que probe esas mazás non voltará á casa…

Teatro actoral e movemento

Duración: 50 minutos

Recomendado a partir de 6 anos

Dobre función, ás 12:00 e 18:30 h. no Teatro Principal de Pontevedra.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 4,00 € por pase. De non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Teatro Principal abrirá de 10:00 a 11:00 h. na sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 h. na da tarde.

Por favor, achégate ao teatro con antelación (30 min) para evitar aglomeracións e acceder as túas localidades con seguridade. Butacas numeradas.

A 22ª edición do Festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal, terá lugar todos os domingos comprendidos entre o 17 de xaneiro e o 21 de marzo, con dobre pase ás 12:00 e 18:30h. no Teatro Principal de Pontevedra.

Os últimos 3 coincidirán coas datas de celebración do Salón do Libro e estarán relacionados coa súa temática: cambio climático, ecoloxismo, Efecto PO2.