Elefante Elegante (Galiza) porá en escena a obra "A danza da choiva", dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón par sempre?.

Esta é a pregunta que coloca a danza da choiva, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza a manipulación de obxectos e os monicreques. A Danza da choiva trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual.

Premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo infantil.

Técnica mixta

Duración: 50 minutos

Recomendado a partir de 3 anos

Dobre función, ás 12:00 e 18:30 h. no Teatro Principal de Pontevedra.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 4,00 € por pase. De non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Teatro Principal abrirá de 10:00 a 11:00 h. na sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 h. na da tarde.

Por favor, achégate ao teatro con antelación (30 min) para evitar aglomeracións e acceder as túas localidades con seguridade. Butacas numeradas.

A 22ª edición do Festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal, terá lugar todos os domingos comprendidos entre o 17 de xaneiro e o 21 de marzo, con dobre pase ás 12:00 e 18:30h. no Teatro Principal de Pontevedra.

Os últimos 3 coincidirán coas datas de celebración do Salón do Libro e estarán relacionados coa súa temática: cambio climático, ecoloxismo, Efecto PO2.