Idades recomendada: Público familiar

Duración: 50 min

Idioma: Castelán

Sinopse:

DIMINUTIVO é un espectáculo de monicreques crocantes para os máis pequenos. Esta pequena historia protagonizada por un tenro boliño e unha doce madalena achéganos á lingua de signos. Un universo, para moitos, descoñecido, de comunicación a través do xesto. Pero, que é Diminutivo, quen é? Coñeces Diminutivo? É un pobo pequeno, moi pequeno, tan pequeno que seguramente caiba nun saco de fariña. E claro, as súas casas son pequenas, moi pequenas, as prazas son pequenas, diminutas!, e os seus habitantes... algúns maduros e outros doces, pero todos eles moi pequenos. Moitos ingredientes fan falta aínda para que poidas facerche unha idea de que é o que lle rolda

a Pablito, o panadeiro do pobo, por ese cuscurro que ten por cabeza. Por exemplo unha fermosa e redondita señorita cun peiteado de azucre e canela. Neste pobo todo é pequeno ata que chegan os problemas... E xa verás que hai cousas que non se poden evitar, pero todo pódese arranxa.