Idades recomendada: + 18 anos

Duración: 70 min

Entradas para o espectáculo “EL DIABLO EN LA PLAYA - MATARILE TEATRO” o Venres 01, Sábado 02 ou Domingo 03 de abril na Sala Ártika.

SINOPSE:

No principio foi o caos. Despois, con Celeste e Claudia, C e C, chegaron as tentacións. O (re)coñecemento de Celeste e a fantasía de Claudia. Di Roy Andersson que o plano xeral, o espazo que rodea a unha persoa, di máis dela que o seu propio rostro.

Como consideraremos aquí o corpo, como primeiro plano que acompaña ao rostro e conforma o prexuízo dun estereotipo? Ou como parte do plano xeral que define unha forma de estar e habitar? O diaño paseándose en bicicleta polas rúas baleiras, como anxo custodio sen corpo que acompañar.

O errante que se equivoca e o errante que vaga sen sentido. Reunir a Claudia e a Celeste é como convocar ao anxo e ao demo, sen tentar definir quen é que, quen é quen, ou en que momento son intercambiables.