Coa lembranza desta escritora galega a programación cultural dá paso á conmemoración do Día Internacional da Muller cun espectáculo teatral no auditorio de Goián no que se establecerán os máis estritos protocolos de prevención para poder gozar da cultura dun xeito seguro. Así, o vindeiro 6 de marzo (20.00 h) poderase desfrutar de 'Feminissimas', unha creación coa amizade e a perspectiva de xénero como pedras angulares. Unha comedia negra, moi violeta, na que o público poderá desfrutar de tres amigas da adolescencia, tres xeitos distintos de entender o feminismo e unha reunión dunha noite nun moderno airbnb na que o conflito vai deixando paso á nudez, á humanidade e á empatía.