"DeMente" é un espectáculo da compañía de danza Fran Sieira no que, a través de expresivas coreografías, abórdase a temática das enfermidades mentais, a evolución do seu tratamento e a súa comprensión ao longo da historia na procura da normalización e integración das persoas que sofren este tipo de doenzas. "DeMente" é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto e que conta cun elenco artístico de 6 bailadores en gran formato e 4 en mediado formato. Ao son da música do compositor vilagarcián e músico interdisciplinar Cristian Silva.