NACHO CARRETERO E RAFA CABELEIRA

O xornalista e escritor Nacho Carretero e o columnista Rafa Cabeleira protagonizan unha nova sesión de Conversas na UVigo, un ciclo de coloquios de carácter informal entre persoeiros da cidade e xornalistas e columnistas do Diario de Pontevedra, que a Universidade de Vigo promove xunto con este xornal.

Entrada de balde, con reserva previa.

Dadas as limitacións de aforo ás que obriga á covid-19, o acceso á sala estará limitado a 15 asistentes con invitación.

+info. en uvigo.gal