O vindeiro venres 23 de abril celébrase o Día do Libro, e para nós é unha data moi importante. A animación á lectura debe despertar e cultivar o desexo e o gusto pola lectura. Para isto debemos empregar un conxunto de recursos e estratexias que faciliten o acercamento da rapazada aos libros dun xeito divertido e enriquecedor. E grazas á lectura, ademais, se enriquece a cultura persoal, se mellora a linguaxe, se desenvolve a capacidade de concentración e a memoria, se estimula a imaxinación…

E para conseguilo, temos programada unha semana moi lectora:

Venres 23: TÉCNICA: VELLOS XOGOS (técnica animación á lectura).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).