Emedous (Galiza) porá en escena "Contacreques", dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado baseado nos contos clásicos O Reise-ñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos.

Garavanciño: As peripecis dun minúsculo personaxe nun mundo de «xigantes».

O Resiseñor: Na remota China, O canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.

O Zapateiro e os trasnos: A maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade.

Nos transporta a un mundo con voces de contadores de historias e corpos de monicreques.

Monicreques

Duración: 45 minutos

Público: +3 anos

Dous pases: 12:00 e 18:30 h.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 4,00 € por pase. De non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Teatro Principal abrirá de 10:00 a 11:00 h. na sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 h. na da tarde.

Por favor, achégate ao teatro con antelación (30 min) para evitar aglomeracións e acceder as túas localidades con seguridade. Butacas numeradas.