C.V. BRENDA VIDAL

Brenda Vidal Hermida comezou os seus estudios musicais no Conservatorio Profesional de Música de Vigo cos profesores Cristina Olivar, Maider Ordozgoiti e Emilio Álvarez. No 2005 accede á Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) en Oporto, incorporándose á clase do profesor Luís Filipe Sá. Paralelamente é admitida no Conservatorio Superior de Música de Vigo, para estudiar co profesor Nicasio Gradaille. No ano 2010 culmina en ambolos dous centros coas máximas calificacións. Posteriormente realizou o Mestrado para o Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas da Universidade de Vigo, na especialidad de Artes, e inicia o Mestrado en interpretación artística na Universidade de Oporto, orientada por Luis Filipe Sá, Eduardo Soutullo e Madalena Soveral, dedicado á música contemporánea para piano.

Asistiu a cursos de perfeccionamento na especialidad de piano, música de cámara e acompañamento vocal, impartidos por Almudena Cano, Josep Colom, Claudio Martínez Mehner, Peter Efler, Alexander Kandelaky, Imre Rohmann, Eulalia Solé e Luiz de Moura Castro entre outros.

Participa frecuentemente en numerosas agrupacións orquestais e camerísticas entre as que destacan a Orquestra Sinfónica Vigo 430, Orquesta Sinfónica do Algarve, Orquesta Filarmónica Ciudad de Pontevedra, Orquesta Clásica de Vigo, Banda Municipal de Pontevedra, Banda Municipal de A Coruña, Banda Sinfónica Portuguesa (Oporto), Banda Sinfónica de la GNR (Lisboa), etc. En calidade de solista interpretou o Concerto para piano e Banda Sinfónica de A. Waignein, "Noches en los jardines de España" de Manuel de Falla, e "Double Star" de D. Gillingham. Destaca a súa participación en diversos festivais e ciclos de concertos como el Festival Teresa Berganza, Xeración 2000+9, festival Via Stellae, Festival Noite Branca, Festival de Música de Leiría, etc. Dende o 2008 é membro fundador do Quarteto Contratempus, con sede en Oporto, dedicado plenamente á ópera de cámara contemporánea. Actuou en grandes salas e auditorios como Teatr Wielki Opera Narodowa de Varsovia (Polonia), o Teatro Monumental de Madrid, Roda Hall Kerkrade (Holanda), Ningbo Grand Theater (China), Casa da Música de Oporto (Portugal) e no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela entre outros.

Durante os 10 últimos anos compaxinou a súa actividade como concertista coa de docente. Traballou dende o ano 2010, na Escola Municipal de Música do Porriño (2010/2011), como profesora de piano, e pianista acompañante; no Conservatorio Profesional e Escola Municipal de Música de Ribadavia (2011/2015), como profesora de piano, pianista acompañante, profesora de música e movemento, e como xefa de estudos (curso 2013/2014); e na actualidade, dende o curso 2015/2016 é a directora, profesora de piano e pianista acompañante do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar.

Brenda Vidal Hermida estudiou no Conservatorio Superior de Vigo cos profesores Cristina Olivar, Maider Odorgoizti, Emilio Álvarez e Nicasio Gradaille; e na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo do Porto, na clase do profesor Luis Filipe Sá. Concluiu en ambas escolas con as mais altas cualificacións. Asistiu a cursos de perfeccionamento na especialidade de piano, música de cámara e acompañamento vocal, orientados por Almudena Cano, Josep Colom, Claudio Martínez Mehner, Peter Efler, Alexander Kandelaky, Imre Rohmann, Eulalia Solé, Luiz de Moura Castro, Iván Citera, Blanca Uribe, Olga Prats, e Miguel Ángel Chavaldas. Presentouse como solista en varias ocasións, e colabora asiduamente, coa Hulencourt Soloist Chamber Orchestra (Bruselas), Orquestra Sinfónica Vigo430, a Banda Sinfónica Portuguesa (Porto), e o Quarteto Contratempus (Portugal) entre outros; actuando en grandes salas de España, Portugal, Polonia, Holanda, Bélxica, Brasil e China. Nos últimos 10 anos compaxina a súa carreira de solista coa de docente, e dende o 2015 é a directora e profesora de piano do Conservatorio Municipal de Música de Gondomar.