A Asociación Rede de Mulleres convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 30 de Xuño de 2022 ás 20h. diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).

Levamos 45 mulleres e 3 crianzas asasinadas no que vai do ano 2022. Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avancemos e rexeitamos estes comportamentos violentos que tanta dor lle producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e as crianzas.

As mulleres son asasinadas brutalmente diante das súas crianzas. Denunciaremos as inxustizas que están acontecendo para lograr unha sociedade igualitaria.

Agardámosvos unha vez máis que nos acompañedes neste acto que organizamos todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco.