Coctel ten a súa orixe en rutinas e investigacións que ao longo destes 10 anos fun enfrontando. Creado para público adulto e adolescente presentouse en teatros, casas, escolas, bibliotecas, xeriátricos, festivais nacionais e internacionais (Chile, México, República Dominicana, Venezuela, Colombia, Ecuador, Cuba, Guatemala) e nun sen fin de espectáculos de varieté.

Compóñeno diferentes técnicas de monicreques, teatro de obxectos, bocones con varilla, monicreques corpóreos e un titiritero á vista, un amigo do seu público, que é á vez uno máis na sala porque os monicreques teñen a verdade.

Coctel non é un espectáculo estático. Os personaxes das 4 historias percorrerán a sala: Luis, Papelín, La Muerte y La Nely.