Unha proposta escénica de circo, teatro e clown engarza o destino de Calisto e Melibea.

A desigualdade de clases, personificada na corrompida lealdade dos criados e unha Celestina proxeneta que utiliza a desventura e o sufrimento dos amos para enriquecerse, encarna a conflitiva sociedade do século XV.

Nunha sorte de acrobacias, malabares e expresión corporal, La Escalera de Tijera tece a rimo de comedia un dos grandes clásicos da literatura española.

Un espectáculo traxiCLOWNmico que amosa as altas e baixas emocións do ser humano ao fío da música que marcan os corazóns das nosas personaxes.