Sábado 26 de setembro ás 21:30. Apertura de portas ás 20:30.

Paris is Burning (Jennie Livingston, 1990). 78 min, VOSE.

"A túa posición social é a única razón pola que non che van dar un posto executivo. Esa é a pura verdade. Aos negros, todo lles custa máis. Ademáis, os que conseguen eses postos adoitan ser heterosexuais. Nun desfile, podes ser o que queiras. Non serás un executivo, pero o pareces. Estás mostrándolle ao mundo heterosexual que podes ser un executivo, porque podes parecelo."

Este documental de Jennie Livingston, grabado a mediados da década de 1980, explora a cultura dos "Balls" ou "Desfiles" Drag de Nova York, cheo de reflexións acerca de cuestións de raza, clase, xénero e sexualidade nos Estados Unidos. O filme tamén serviu como obxecto de análise no libro "Bodies that Matter" de Judith Butler.

Ás 20:30 abriránse as portas, ás 21:30 comezará a proxección, e a entrada será de balde! Xa sabedes como vai, pero o aforo é limitado e podedes asegurarvos un asento escribindo a cine@liceomutante.com

Nesta nova etapa non podemos facer cea, polo que vos animamos a que non pasedes fame e traigades o que queirades papar!

Lembramos que o Liceo Mutante non é un bar, é unha asociación cultural e un espazo sen ánimo de lucro autoxestionado por persoas voluntarias. Vémonos!