Cando as rutinas cotiás deixan de ofrecer satisfacións todo pode mudar. A viaxe é un recurso axeitado, dende "A odisea", temos unha importante referencia para desenvolver relatos con protagonistas que abundan na búsqueda persoal, ideolóxica, espiritual. Viaxar é un desafío no que agardamos respostas que podan completar a nosa incomprensión, contradicións, e os contrasentidos que vai presentando a vida.

Neste ciclo presentamos protagonistas que ollan a súa contorna con asombro na busca dun lugar no que repousar todas as incertidumes, ambigüidades e zozobras que atravesan as súas vidas.

"It Must Be Heaven", Elia Suleiman pon en cuestión as paradoxas no seu país e noutros lugares do planeta. Cun diseño minimalista, sinala a ridiculez dos arquetipos sociais. Con humor e acidez fai un retrato despiadado da realidade sociopolítica no Medio Oriente e da lamentable situación do pobo Palestino. Unha invasión económica disfrazada de relixiosa.

"Nora", Lara Izagirre retrata a unha muller que non é unha viaxeira nata e que o seu soño nada tíña que ver con ela, só era unha excusa para darse a oportunidade de ser libre, de crecer, de pechar feridas e de, por primeira vez, permitirse ser feliz e decidir a quen e que quere na a súa vida.

"Kaze no denwa", Nobuhiro Suwa fai a crónica dun dolo en forma de “road movie” na que o luto individual transfórmase en colectivo pola confesión dunha cadea de traumas. A idea parte do paisaxista Itaru Sasaki que, no 2010, non daba superado a dor pola morte dun primo. Restaurou unha vella cabina telefónica e a instalou no xardín da a súa casa, como si co aparato obsoleto mantivera unha conexión co máis alá. Poucos meses despois, o terremoto do 2011, seguido dun tsunami, con miles de vítimas, o empuxa a poñer o seu "teléfono do vento" a disposición pública, calquera pode achegarse e falar coa xente ausente. Miles de persoas teñen peregrinado até este rincón do noreste xaponés.

Sinopse

O cineasta palestino se interpreta a si mesmo; no filme viaxa primeiro a Francia e logo ós Estados Unidos na busca de fondos para realizar unha película. En París, o consello é que faga un filme que non sexa moi palestino, pero que tampouco estea moi lonxe desta materia; nos Estados Unidos, acompañado por Gael García Bernal, o ignoran olímpicamente.

Tamén podería decirse que fuxe de Palestina na busca dun novo fogar, só para decatarse de que Palestina o persigue, sen importar o lugar onde esté. A promesa dunha nova vida pronto pasa a ser unha comedia chea de desatinos.