"El diablo entre las piernas", Arturo Ripstein nunca ten feito filmes indolentes; neste, aborda as disputas de parella desafiando un dos últimos tabúes sociais: o sexo, a paixón e os celos na vellez. Un cineasta en estado puro, con conversas brilantes e reflexións lúcidas sobre o inferno que poden chegar a ser os recordos.