O vindeiro sábado 27/5, celebraremos unha xornada con diferentes actividades culturais e deportivas polo Centenario do Real Club Celta de Vigo no barrio do Casco Vello.

Haberá pasarrúas con cantos de taberna, palestras culturais no auditorio do Centro de Visitantes Illas Atlánticas, Sound System na Ribeira do Berbés, exposicións. Todo de balde.

Tamén haberá un concerto de Keltoi!, Falperrys e Dirty Brothers na Sala Sinatra a 10€ a entrada.