A próxima cata de entreviños MUTA será guiada pola sumiller viguesa Yolanda Díez Trabanca este xoves 30 de xuño ás 20:00 h.

Yolanda é a propietaria do restaurante Living e a súa formación no ámbito da cociña, ademáis de como sumiller, dálle un punto de vista que nos vai axudar a percorrer de xeito diferente as novas tendencias no mundo do viño.

Con ela probaremos viños con elaboracións diferentes e un pouco particulares, así que se vos apetece probar viños fóra do habitual, acompañádenos!

Seguro que desfrutamos coas propostas da transgresora Yolanda!