O domingo 18 de xuño ás 12:00 h, na Alameda Suárez Llanos de Bouzas, traemos ao coro galego "Cantares do Brión", para encher Bouzas de música na rúa.

Cantares do Brión é un coro tradicional que está a conseguir un grande recoñecemento na defensa e no rexurdimento da cultura galega. Contaremos coa presenza de 40 dos seus compoñentes e, sendo un domingo de finais de xuño ao mediodía, démoslle permiso para que deixaran o traxe de gala na casa e así veñen cantar e a mostrar o seu arte moito máis lixeiros.

Achegarvos á Alameda o domingo 18 pola mañá e disfrutaredes deste coro, antes de continuar os paseos e tomar uns viños coas vosas amizades pola vila de Bouzas.