"Campesiñas e loitadoras. Unha visión dende a Arqueoloxía de Xénero"

Finaliza o ciclo de conferencias do mes do Patrimonio coa presenza da arqueóloga Celtia Rodríguez Gonzales.

Unha das correntes teóricas que está a mudar o pensamento tradicional do pasado son os estudos de xénero en arqueoloxía, que dende hai máis de 20 anos están desenvolvendo novas formas de achegarnos ao pasado dende un punto de vista inclusivo. Desta maneira, a nosa palestra tratará de ver como a través dunhas teorías e metodoloxías arqueolóxicas seremos capaces de entender o pasado a través desta nova mirada. Para iso, o que propoñemos é unha interpretación da materialidade en dous lugares cronoloxicamente distintos, pero que a través dos restos asociados, e das fontes das que dispoñemos, podemos entender o pasado dende esta perspectiva. Estes lugares sitúanse na comarca de Valdeorras e son o asentamento tardoantigo de O Castelo (Valencia do Sil, Vilamartín de Valdeorras) e La Ciudad de la Selva en Casaio.

Graduada en Historia pola Universidade de Murcia (2015), realiza os estudos de mestrado en Arqueoloxía na Universidade de Granada (2016). Actualmente, está levando a cabo o seu proxecto de tese de doutoramento "Arqueología de Género en Galicia. Un estudio de las relaciones de género y las Actividades de Mantenimiento en la transición de la Tardoantigüedad al mundo Alto Medieval" na USC. As súas principais liñas de investigación céntranse nos estudos de mulleres e de xénero en Galicia a través da arqueoloxía dos séculos IV-VI d.C.Dende o ano 2017 forma parte do grupo de investigación Sputnik Labrego, onde coordina as tarefas relacionadas coa súa especialidade. Organizadora do Congreso IXAP do 2019 (I Xornadas de xénero arqueoloxía e Patrimonio de Galicia) e do congreso internacional das JIA19 (Jornadas de Jóvenes Investigadores en Arqueología de 2019). Ten co-dirixido escavacións arqueolóxicas no asentamento de O Castelo en Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras). Conta con varias publicacións en diferentes revistas científicas relacionadas co período de transición entre a final do Imperio Romano e a Alta Idade Media de Galicia. Toda esta labor investigadora compatibilízase co seu traballo como arqueóloga profesional en diferentes empresas galegas dende o 2018. Un exemplo sería o seu traballo para Árbore, s. coop. Galega; Estela, Arqueoloxía e Patrimonio; ou Tempos Arqueólogos. Para ver a conferenciaFacebook da RPC : https://www.facebook.com/rededopatrimoniocultural

En Youtube: ACPL Roxin Roxal https://www.youtube.com/channel/UCGctq4mJw3TgoCfYv8gWT-A

Agradecemos a difusión nas vosas entidades, a presentación de Celtia será moi especial!!