Idades recomendada: + 16

Duración: 80 minutos.

Entradas para o espectáculo “BRAVAS – ISA RISCO” o Venres 22, Sábado 23 ou Domingo 24 de outubro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo uni-persoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.

Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mu-lleres que forman parte dun valeroso clan, o clan que elas mes-mas paren, amamantan, manteñen, constrúen cós alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.