Blancanieves vése empurrada a fuxir do pazo por a furia envexosa da madrastra. Na súa fuxida deberá atravesar un bosque inhóspito. Os animais salvaxes que se lle cruzan no camiño non lle fan dano algún e protéxena de todo mal.

Blancanieves Trailer Corto (LTD) from AlbaVergneLópez (CIAS Asociadas) on Vimeo.

Máis tarde é acollida por uns ananiños que lle ofrecen protección a cambio de que realice tarefas no fogar. Obrigada por as circunstancias acepta a regaña dentes ese acordo. Pero no seu corazón sigue latindo o recordo do bosque, onde a natureza crece libre e salvaxe. Enganada por unha bruxa proba unha mazá envelenada e cae nun sono mortal. Príncipes de todo o mundo acoden a espertala cun bico, pero ninguén o consigue porque en realidade non existen príncipes azuis que salven a mulleres durmidas. Ante o sono mortal de Blancanieves todo o bosque cae sumido nunha profunda tristeza. Os paxaros deixan de cantar, os lobos de oulear, os cervos de bramar. Finalmente Blancanieves sálvase a si mesma, e ao espertar comeza a danzar a danza da vida baixo a lúa chea. Un espectáculo de teatro de títeres partindo dun conto clásico que combina o poético e o cómico, recorrendo unha variedade de linguaxes escénicas como a danza, ás máscaras, os títeres, a música e ao teatro de obxectos. A dramaturxia, á súa vez, sorprende dando xiros inesperados ao conto clásico de maneira graciosa e con humor, pero sempre cun toque poético. A plástica xunto co espazo sonoro están cargados de simboloxía que tocan as emocións do espectador xerando atmosferas variadas e contrastadas.

  • ¿Cuándo?: jueves 18 y viernes 19 de marzo de 2021
  • ¿Dónde?: Sala Ártika (avenida de Beiramar, 113)
  • Horario: Jueves: 18:00 horas; viernes: 12:00 y 18:00 horas
  • Edad: + 3 años
  • Duración: 50 minutos
  • Precio: Desde 8 euros (puedes comprar las entradas aquí)