Este mércores, 13 de outubro, comeza o ciclo de conferencias organizado polo Concello de Tui, coa colaboración da Asociación Amigos da Catedral, para conmemorar o 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

O profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Hortensio Sobrado Correa, disertará sobre “A batalla de Lepanto, contexto histórico”. Será ás 19.30 h na igrexa de San Domingos.

Todas as actividades terán lugar na propia igrexa de San Domingos, contando coa colaboración da Asociación de Amigos da Catedral de Tui.

A asistencia é libre e de balde pero recoméndase inscrición previa no correo electrónico: biblioteca@tui.gal ou presencialmente na propia Biblioteca Municipal (Edificio Francisco Sánchez – antiga Area Panorámica, rúa Colón, 2).