Este venres 12 de xaneiro a partir das 21h no Pub Transylvania de Vigo terá lugar o concerto da banda de garaxe punk da Pobra do Caramiñal, Os Bar Ban Sónicos, acompañados da banda de rock bravú de Moaña "Gallego Común".
O concerto fai parte da xira de presentación do novo álbum de Os Bar Ban Sónicos "Sede de ruína" que foi publicado en outubro do ano pasado.
Este novo LP, o segundo da súa carreira, está composto de 10 cancións que estamos seguros farán gozar a quen guste do R&R da vella escola. Rock de guitarras poderosas, garaxe punk desde a tripas, o corazón e a cabeza.
Unha boa ocasión para desfrutar dun bo concerto de rock en galego con dúas bandas das que están a manter viva a escena rock galega.