Este ano contaremos coa presenza especial da Asociación Sociocultural As da Industria.

Baixo o título "As festas do lume: San Xoán e outros rituais" , centrarémonos no lume, un dos catro elementos da natureza que foi dende sempre protagonista de diversas celebracións nas que simboliza o seu poder purificador. Como exemplo sempre se citan as fogueiras de San Xoán pero a súa presenza é habitual en moitas outras celebracións en todos os lugares do mundo: as fogueiras de San Pedro, as fallas de Valencia, a noite de Guy Fawkes en Gran Bretaña, etc. Na parte teórica da actividade coñeceremos todas estas celebracions facendo un especial chamado sobre a festa de San Xoán, as súas orixes, sincretismo e ritualidade. A parte práctica consistirá no recoñecemento de plantas propias desta festa.

Erica Iglesias Neira acompañará o evento ao son da pandeireta e outros instrumentos musicais.