O trio como un só ente; unha maneira de buscar dentro do xa explorado e intentar encontrar algo propio no medio do alleo; un vehículo de expresión alternativo aos proxectos de música orixinal que estos músicos comparten; unha volta ás raízes e ás primeiras influencias.

Meirinhos, Fragoso e Quintela interpretan unha selección das mellores composicións do Great American Songbook e tamén algunhas melodías canónicas do xénero jazzístico, sen pretensión algunha e ao mesmo tempo sen filtros, aínda que sen obviar a basta e ineludible liñaxe de tríos de piano.

Miguel Meirinhos - piano

João Fragoso - contrabaixo

Antón Quintela - batería