Recolle a evolución tecnolóxica a través dunha escolma de pezas organizadas en

cinco ámbitos representativos:

O doméstico: enxoval como batedores, picadoras ou reladores.

O traballo de oficina: máquinas de escribir, calculadoras e protectógrafos.

Os medios de comunicación: teléfono, radio e televisión revolucionan hábitos e

formas de relacionarse.

O ocio: o consumo de música mudou cos gramófonos, tocadiscos e radios.

A arte: representada pola fotografía e os aparellos que acompañaron ao ser

humano no seu devezo por conxelar o tempo.