Cando Amalia volve ao seu pobo sempre aparece o mesmo soño: o río da súa xuventude, os berros ameazantes de guardinhas e carabineros, mulleres cruzando as frías augas cargadas de bultos, as cancións da súa nai, a alegría da súa amiga Rosa, os segredos da Basilisa, a envexosa da súa sogra, a Pelá –que tantas veces a denunciou–, o simpático Chiribique…

Amalia cóntanos a súa historia dende 1942 a 1964, cando xa viuva e con oito fillos emigra a Barcelona.

As entradas para o espectáculo “AMALIA Y EL RIO - TEATRO GUIRIGAI” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.

Ficha artística:

Reparto: Magda Gª-Arenal e Cándido Gómez

Dramaturgia e dirección: Agustín Iglesias

Diseño e realización de escenografía: Marcelino de Santiago Kukas

Música original: Irma Catalina Álvarez

Deseño de vestuario: Luisa Santos

Realización de vestiario: Trinidad Galán

Deseño de iluminación: Lucía Alvarado

Técnico de luz e sonido: Félix Valverde

Video: Félix Malévola

Fotografía; Bernardo Cruz

Deseño gráfico: Jose Iglesias García-Arenal

Comunicación: Toñi Escobero

Distribución: María Pachón

Produción: Teatro Guirigai