O Teatro Principal acollerá o vindeiro domingo 15 de novemebro, dentro da programación cultural do Concello que xa avanzara no seu momento Carme Fouces, o concerto do pianista Alberto Vilas "Naialma". O que é o seu primeiro traballo en solitario, o mais íntimo e persoal, está formado por temas compostos ao longo do tempo e como e "agora saen como do ventre dunha nai. Por isto titúlase Naialma, xogo de palabras que remite ás denominacións galegas de nai e alma", apunta Alberto.

Este proxecto musical, concebido para se amosar en espazos onde o silencio natural enmarque a obra, carballeiras, atrios, mosteiros ou prazas particulares, lonxe do ruido, foi estreado no Carballo das Cen Pólas - unha popular carballeira redondelá – e chega agora mantendo o concepto ao Teatro Principal.