Acción Laxeiro é un proxecto que recolle o momento no que Laxeiro pintou a obra titulada Aparición, durante a inauguración dunha exposición súa na galería Trinta de Compostela en 1987. O proxecto inclúe numerosas fotografías tomadas por Xurxo Lobato e o cadro orixinal.
Con esta exposición, financiada pola Xunta de Galicia e producida pola Real Academia Galega de Belas Artes, a Fundación Laxeiro dá por pechado o Ano Laxeiro, propiciado polo acordo da Real Academia de Belas Artes de dedicar ao artista o Día das Artes 2022, que se celebra o 1 de abril.
INTERVIRÁN
Xurxo Lobato
Comisario da exposición
Autor das fotografías
Xosé Ramón Pousa Estévez
Propietario da obra de Laxeiro incluída na exposición
Manuel Quintana Martelo
Presidente da Real Academia de Belas Artes
Abel Losada
Membro do padroado da Fundación Laxeiro
Concelleiro de Cultura