O teatro regresa este sábado, 14 de novembro, ao auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar da man da compañía Aporía Escénica, que representará o seu traballo "6 cubos negros en corpo branco", escrita e dirixida por Diana Mera. A función, recomendada para público maior de 13 anos, comezará ás 20.00 horas.

Sobre o escenario cinco actrices que darán vida as persoaxes dunha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo e referencias ao universo lorquiano da Casa de Bernarda Alba.