CAMPAÑA GLOBAL "EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS"

POIO, ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Chamamento dirixido a toda a veciñanza e ao tecido asociativo para expresar

o rexeitamento da sociedade do noso municipio contra toda forma de violencia machista, pendurando carteis, bandeirolas, e vestindo camisetas e máscaras negras durante estes días, para amosar a repulsa do problema social que supón a violencia machista.

Na web municipal poderán descargarse materiais dixitais para empregar como

imaxe de perfil, e así asolagar as redes sociais con fotos e mensaxes de que en Poio non ten cabida a violencia, incluíndo nas publicacións os cancelos:

#EnNegro2020 #ContraAsViolencias #PoioEnNegro #GaliciaEnNegro