Por último, o vindeiro 28 de novembro representarase tamén no Auditorio de Goián ás 20:30 a obra 'Bernarda', triunfadora nos premios de Teatro María Casares. "Bernarda" é unha historia próxima, comprensible e universal. Todas coñecemos a alguén como Bernarda e todos temos un pouco de Bernarda. O choque entre nais/pais e fillos/fillas é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos, vemos a realidade diferente. Cando somos fillos/as queremos romper coas normas que nos impoñen e cando nos convertemos en pais/nais vémonos na obriga de impoñer normas. Un espectáculo imperdíbel.