Actividades

Foliada das Letras na Estrada

A Asociación A Xesteira celebra hoxe a Foliada das Letras, no campo da festa de Couso. O evento comezará as 21.30, cunha semblanza de Brais Fernández sobre Florencio Delgado. Despois, haberá foliada a cargo de A Requinta da Laxeira, Trío Pirata e A.C. A Mámoa de Luou.

Hoxe, 21.30 horas.

Roi Casal en Rodeiro

Son galego, son cubano é o nome do espectáculo musical que Roi Casal ofrece esta noite en Rodeiro. Constitúe unha homenaxe aos emigrantes galegos tomando como referencia os textos do escritor Xosé Neira Vilas. O concerto celebrarase na Avenida Aviador Gumersindo Areán, con entrada libre.

Hoxe, 23:00 horas.

Tempo de igualdade

O centro cultural de Rodeiro acolle unha nova sesión do proxecto Tempo de igualdade. Haberá xogos cooperativos, dinámicas para traballar os estereotipos de xénero e un contacontos. Está dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Non é necesario reservar praza.

Hoxe, 14:00 horas.

Festa de maiores en Silleda

Os maiores de Silleda celebran a festa de primavera cun xantar no restaurante Coteliño, a 18 euros por persoa. A animación musical da sobremesa correrá a cargo do dúo Punto Zero.

Hoxe, 14:00 horas.

Amigos da Empanada

A Asociación de Amigos da Empanada da Bandeira celebra unha asemblea extraordinaria no Centro Cultural Vista Alegre para facer balance das actividades realizadas ata o momento e das programadas para máis adiante. Tamén se presentará o “novo socio”.

Hoxe, ás 20:00 horas en 1ª convocatoria e ás 20:30 en 2ª.