As aventuras dos Balbinos arriban á capital dezá

A divertida familia dos Babilnos chegou onte a Lalín con novas aventuras na colección de libros do mesmo nome. Na presentación desta colección participaron os creadores dos contos, Xoán Carlos García Porral e Toño Núñez, o contacontos Celso Fernández Sanmartín e a concelleira de Cultura de Lalín Begoña Blanco.

Axenda

Susana Seivane, pregón das Letras na Estrada

Martes 17 de maio, 12.00 horas.

Susana Seivane será a pregoeira durante a celebración do Día das Letras Galegas na Estrada, segundo anunciou onte o concelleiro de Cultura, Juan Constenla. O luns 16 representarase, no Teatro Principal, unha obra sobre a vida do homenaxeado Florencio Delgado, que correrá a cargo de Fantoches Baj. Ó día seguinte, tocaralle o turno á gaiteira, que dará o pregón ás 12.00 na alameda.

Actividades

Scene Ballet compite no CND

Sete bailarinas da agrupación Scene Ballet de Lalín compiten esta fin de semana no Concurso Nacional de Danza que ten lugar en Tarragona. As deportistas levan catro bailes cos que tentarán subir ao podio do certame español.

Sábado e domingo.

Ecopercussión no IES Aller

Alumnado de segundo e terceiro da ESO do IES Aller Ulloa de Lalín participan nuns obradoiros de música e percusión organizados e coordinados polo profesor e xefe do Departamento de Música, Severiano Casalderrey e impartidos polo colectivo Ecopercussión.

Hoxe, de 8.50 a 14.30.

Espectáculo no IES Laxeiro

Baldomero Iglesias e Manuel Dopico ofrecen hoxe no salón de actos do centro unha actuación musical co gallo do Día das Letras Galegas para alumnos de primeiro da ESO e dos ciclos formativos.

Hoxe, 12.00 horas.

Rosalía Morlán no MOME

O MOME de A Estrada convertirase mañá pola tarde no escenario para a presentación do libro Camelias de amor, escrito pola coruñesa Rosalía Morlán, e publicado por Edicións Fervenza.

Mañá ás 20.30 horas.

A vontade do esquecemento

A rodaxe desta curta comeza o 23 deste mes. Os equipos filmarán secuencias en paraxes de Brántega, Santa Comba ou o propio casco urbano.

Dende o 23 ao 25 deste mes.

Encontro de Música

A Praza do Concello de Agolada acollerá esta cita que organiza Bico da Balouta coa actuación da anfitriona así como da Banda de Gaitas Teixo-Manolo (de Asturias), Gaiters de Graus (de Huesca) e Herba Grileira (Melide).

25 de xuño, ás 19.00 horas.