¿Qué facer nas comarcas?

¿Qué facer nas comarcas?

¿Qué facer nas comarcas?

Lalín acolle a mostra de Aigi Boga con fotos sobre o dano cerebral

A exposición “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido” chegou ao concello de Lalín. O auditorio acolle a exposición fotográfica do compostelá Aigi Boga que poderase visitar durante toda a fin de semana cun horario de 16.00 a 22.00 horas. A Federación Galega de Dano Cerebral e o Concello de Lalín asinaron un convenio para enmarcar o desenvolvemento de actividades de sensibilización sobre o tema.

¿Qué facer nas comarcas?

¿Qué facer nas comarcas?

O Xesús Golmar celebra o Día de Rosalía de Castro

O CEIP Xesús Golmar de Lalín celebrou o mércores o Día de Rosalía de Castro. Como a flor favorita da escritora eran os pensamentos, no centro escolar recrearon “O xardín de Rosalía” plantando esta fermosa flor no patio do colexio, no que participaron todos os cursos. Ademáis, tiverona visita da “nosa Rosalía” que recitou algúns dos seus versos.

Actividades

Entroido na Estrada

O Concello da Estrada fixou unha nova gala de entroido para o martes 1 de marzo. Os convites poden recollerse no departamento de Cultura ou no Bar As 3 Portiñas. Aínda quedan convites para a gala do domingo. Nas galas participarán o grupo Axe Abaía Batucada (só o domingo), Lume na Lareira, o Padre Xiao, Isi (presentador o domingo), Pablo Chichas (presentador o martes), as comparsas do CEIP de Figueiroa e de San Miguel de Castro e os xenerais da Ulla.

Domingo e martes, 18.00 horas.

Cea no Recreo Cultural

O Recreo Cultural da Estrada organiza na noite de maña unha cea-baile de Entroido, coa que quere recuperar unha vella tradición da entidade. Servirá a cea o restaurante Río Liñares. Ao día seguinte contarán con animación infantil.

Mañá, 21.00 horas.

Disfraces en Sabucedo

Sabucedo celebra mañá o seu particular Entroido. Arranca cun desfile desde o lavadoiro seguido de festa infantil no albergue. A partir das 20.30 haberá festa de disfraces para os adultos.

Mañá a partir das 16.45 horas.

Vellada na Bandeira

A Bandeira acolle hoxe a tradicional vellada. Unha charanga e un grupo de foliada animarán os establecementos do pobo, que brindarán filloas e chourizo aos que acudan disfrazados de “vellos e vellas”. Será a antesala ao día grande da Bandeira, con cabezudos, alto dos xenerais e desfile.

Hoxe, a partir das 20:00 horas.

Concurso de disfraces

O Pub Lío, de Lalín, organiza un concurso de disfraces hoxe e mañá, con premios individuais e para grupos. É obrigatorio levar máscara de protección e presentar o correspondente certificado.

Venres 25 e sábado 26.

Tracking Pixel Contents