Cangas

Proxección de “Ons”. O Cineclub Cangas proxectará o venres “Ons”, a película dirixida por Alfonso Zarauza e que gañou ata nove Premios Mestre Mateo. A proxección enmárcase dentro da programación das Letras Galegas. Desde o cineclub comunican que se esgotaron xa todas as entradas dispoñibles e só se porán novas localidades a disposición se hai algunha baixa.

O venres, ás 21.00 horas no Auditorio de Cangas.

Bueu

Presentación do libro “Xela Arias, poeta e tradutora”. A libraría Miranda e o Concello de Bueu organizan o venres a presentación do libro “Xela Arias, poeta e tradutora”. Intervirá o autor, Anxo Xoán Rajó Pazó, e Xoán Rodríguez Rivas.

O venres, ás 19.00 horas no Centro Social do Mar.

Bueu

Proxección da película “Lúa vermella”. O Cineclub Bueu continúa co ciclo de cine galego durante este mes de maio e o venres proxecta a película “Lúa vermella”, dirixida por Lois Patiño en 2020. A entrada custa 2 euros para os socios e 4 para os non socios.

O venres, ás 20.30 horas no Centro Social do Mar.